BASES – CONCURSO FACEBOOK “FESTA DE SAMAÍN”

HÍPICA PRADO VENTURA (en diante “PRADO VENTURA” ou “a Organización”) con C.I.F. G-32700259 con domicilio social en O Aparral, Casas Ermas, s/n,  15327 As Pontes de García Rodriguez (A Coruña) organiza un Sorteo Promocional de ámbito autonómico denominado “Festa de Samain” (en diante “Sorteo Samain”) consistente en premiar a unha (1) persoa gañadora coa entrega dun bono gratuito de 4 clases no noso centro (en diante, o “Premio”), que se celebrará na semana do 31 de outubro ao 5 de novembro en As Pontes.

Participa no sorteo de SAMAIN dun bono de 4 clases no noso centro Hípica Prado Ventura

CONSIDERACIÓNS XERAIS “SORTEO SAMAIN”

As bases legais, así como os Termos e Condicións do presente Sorteo Samain (en diante, Termos e Condicións), establécense a continuación:
Toda persoa que participe no concurso acepta todas e cada unha das disposicións descritas nestes Termos e Condicións. Éstas son aplicables, compleméntanse e enténdense que forman parte destas condicións particulares para todos os efectos legais (en diante as condicións xerais e en conxunto coas condicións particulares serán referidas como as Bases e/ou Termos e Condicións).
PRIMEIRA. Duración do Sorteo Samaín
O período establecido para o presente Sorteo Samain comezará a partir das 10:00 am do martes 31 de outubro ata as 19:00 pm do domingo 5 de novembro de 2017. As Persoas Participantes terán a oportunidade de concursar por un bono gratuito de 4 clases no noso centro que se detalla máis adiante.
SEGUNDA. – Lugar do Sorteo Promocional
O Sorteo Samain realizarase na rede social Facebook. Por tanto, para participar no Sorteo Samain será necesario entrar e estar rexistrados como usuarios de Facebook.
TERCEIRA. -Mecánica do Sorteo Promocional
Para participar no Sorteo Samain será necesario que as persoas participantes sigan e cumpran a mecánica que se establece a continuación:
1.- Facerse unha foto disfrazad@s cun cabalo propio ou achegarse ao centro hípico Prado Ventura e facerse unha foto con algún dos nosos cabalos.
2.- Dispoñer dun perfil real en Facebook.
3.- Facerse fan da páxina de Facebook: Hípica Prado Ventura que podes atopar, pinchando aquí.
4.- Subir a foto nos comentarios da publicación de Facebook do Sorteo Samain que se fará no perfil de Facebook Prado Ventura, que podes atopar, pinchando aquí.
5.- As persoas usuarias poderán participar 1 única vez. No caso de que unha mesma persoa usuaria comentase dous ou máis veces no mesmo Sorteo Samaín , contará como unha única participación.
6.- Poderán participar na promoción tódalas persoas de 6 anos en diante, sen límite máximo de idade.
7.- Só participan deste Sorteo Samain, persoas usuarias con contas privadas, alleos á organización de Hípica Prado Ventura. As contas corporativas quedan exentas de participación neste Sorteo Samain.
CUARTA. – Selección da persoa Gañadora
1. O Sorteo Samain realizarase de entre as 10 participacións máis votadas. Un xurado escollerá á persoa gañadora, en base á súa orixinalidade e axuste á temática. O xurado estará formado por persoas membras da directiva do clube hípico Prado Ventura.
2. Adicionalmente, seleccionaranse TRES (3) concursantes con carácter de reserva.
3. No suposto que o número de participantes do presente Sorteo Samain fose inferior ao número de premios do Sorteo Samain, o premio considerarase deserto para tódolos efectos.
4. No caso de que non fose posible contactar nin coa persoa gañadora nin coas persoas gañadoras de reserva correspondentes, o Premio considerarase deserto para tódolos efectos.
QUINTA. – Descrición do Premio
1. O Premio obxecto deste Sorteo Samain consiste nun bono gratuito de 4 clases no noso centro, para a persoa participante gañadora, que deberá gastalo no plazo máximo dun mes natural dende a data na que comeza o bono.
2. O Sorteo Samain está limitado a un único premio para unha única persoa participante gañadora e domicilio. O premios non poderá ser cedido a terceiras persoas.
3. Así mesmo, a persoa gañadora será contactada mediante comentario ao comentario da persoa gañadora na publicación de Facebook en relación ao Sorteo Samain.
4. Se a persoa gañadora non contactase no prazo de CINCO (5) días naturais, entenderase para tódolos efectos que ésta renuncia ao Premio, e designarase o premio á seguinte persoa participante gañadora en reserva.
5. No caso de que a persoa gañadora non cumprise os requisitos ou rexeitase o Premio pasarase á seguinte, que será aquela que figure por números de votos a continuación. E así sucesivamente ata obter gañadora.
6. O 6 de novembro de 2017 ás 19:00 pm a persoa gañadora será contactada en Facebook mediante comentario ao comentario có que participou.
SEXTA. Requisitos, vixencia, límites e restricións do Sorteo Promocional
1. As Persoas Participantes unicamente poderán ser persoas físicas, de 6 anos en diante.
2. Na fotografía que concurse, as persoas participantes poderán empregar os seus propios cabalos ou acudir a fotografiarse con algún da propiedade de Prado Ventura, no seu horario comercial.
3. Os presentes Termos e Condicións poderán ser modificados, cancelados e suspendidos en calquera momento pola Organización. Éstes serán difundidos a través dos mesmos medios a través dos que orixinalmente se difundiron, incluíndo, se resultase necesario, aclaracións ou modificacións que non alteren o espírito do Sorteo Samain. Calquera situación relacionada coa interpretación dos presentes termos e condicións será dirimida pola Organización.
4. A Organización resérvase o dereito, sen responsabilidade algunha, de invalidar ou rexeitar ás Persoas Participantes que, ao seu só criterio e discreción, non cumpran cos requisitos establecidos nos presentes termos e condicións e/ou violen dereitos de terceiros e/ou non se apeguen á lexislación aplicable. Así mesmo, a Organización resérvase o dereito de eliminar xustificadamente a participación de calquera Persoa Participante que defraude, altere e/ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario deste Sorteo Samain. Calquera utilización abusiva ou fraudulenta destes termos e condicións dará lugar á anulación da participación da Persoa Participante no Sorteo Samain.
5. PRADO VENTURA non será responsable de calquera fallo ou contratempo que teña a Persoa Participante ao momento de recibir o premio. De Igual forma, PRADO VENTURA non será responsable de cubrir ningún dos gastos nos que incorra a Persoa Participante para facer efectivo o seu premio nin para o goce do mesmo.
6. Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún éste Sorteo Samain, nin está asociado a el. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación da persoa concursante e/ou para comunicarlle o premio.
7. A persoa Gañadora, ao momento de recibir o seu premio, manifesta a súa conformidade e exime de toda responsabilidade á Organización. Unha vez que a Persoa Participante reciba o seu premio de conformidade, a Organización non responderá por calquera dano, perda ou menoscabo que sufra a mesma por razóns que non lle sexan imputables á Organización.
Baixo ningunha circunstancia poderase obrigar á Organización a entregar máis premios que os ofrecidos nos presentes Termos e Condicións.
8. O premio establecido nos presentes Termos e Condicións é intransferible e non é canxeables por diñeiro en efectivo.
9. Non poderán participar neste Sorteo Samain aquelas persoas que sexan: (i) empregadas da Organización, embaixadores e/ou influencers (ii) contas fraudulentas ou de orixe dubidosa.
Sen perxuicio do anterior, expresamente libérase a responsabilidade da Organización por:
a) Gastos incorridos para participar no Sorteo Samain, para facer efectivo o premio ou para desfrutalo;
b) Intervencións humanas non autorizadas por parte de terceiros aos sistemas de cómputo ou similares que alteren o desenvolvemento do Sorteo Samain;
c) Danos sufridos á integridade ou bens das Persoas Participantes ou de terceiros que se ocasionen en virtude deste Sorteo Samain ou durante o desfrute do premio.
O feito de participar no Sorteo Samaín implicará o consentimento das Persoas Participantes a que o seu nome, voz e imaxe sexan utilizados en redes sociais, fotografías, publicacións e demais medios publicitarios, e en xeral en todo material de divulgación con fins promocionais que a Organización desexe facer con relación ao Sorteo Samain, xa sexa durante o prazo promocional ou unha vez vencido o mesmo. Esta autorización non implicará deber algún de remunerar ou compensar á Persoa Participante.
Ademais, as Persoas Participantes ao participar no Sorteo Samain autorizan á Organización para que a súa imaxe sexa transmitida en vídeos, fotografías e entrevistas persoais sobre o premio; así como no post do Sorteo Samain da páxina web de PRADO VENTURA, e en calquera outro medio de comunicación que a Organización escolla para dar a coñecer ao público sobre as vivencias da persoa gañadora e acompañantes, se for o caso. Esta autorización non implicará deber algún de remunerar ou compensar ás Persoas Participantes.
SÉTIMA. – Protección de Datos
En cumprimento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, PRADO VENTURA informa que os datos que facilite para participar neste Sorteo Samaín , serán incluídos en ficheiros titularidade de PRADO VENTURA coa finalidade de realizar as xestións relativas ao Sorteo Samain.
PRADO VENTURA, garante a adopción das medidas necesarias para asegurar o tratamento confidencial dos devanditos datos e infórmalle da posibilidade de exercitar conforme á L.O. 15/1999, os dereitos correspondentes.
OITAVA. – Lei e xurisdición aplicable
A Lei aplicable ao presente Sorteo Samain será a que estableza a CCAA de Galicia.
Para a resolución de calquera controversia ou discrepancia que puidese xurdir en canto á interpretación ou aplicación dos Termos e Condicións, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Ferrol.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *