BASES – CONCURSO FACEBOOK “FESTA DE DISFRACES”

HÍPICA PRADO VENTURA (en diante “PRADO VENTURA” ou “a Organización”) con C.I.F. G-32700259 con domicilio social en O Aparral, Casas Ermas, s/n,  15327 As Pontes de García Rodriguez (A Coruña) organiza un Sorteo Promocional de ámbito autonómico denominado “Festa de Disfraces” (en diante “Sorteo Entroido”) consistente en premiar a unha (1) persoa gañadora coa entrega dun bono gratuito de 4 clases no noso centro (en diante, o “Premio”), que se celebrará do 9 de FEBREIRO ao 14 de FEBREIRO en As Pontes.

Participa no sorteo de ENTROIDO dun bono de 4 clases no noso centro Hípica Prado Ventura

CONSIDERACIÓNS XERAIS “SORTEO ENTROIDO”

As bases legais, así como os Termos e Condicións do presente Sorteo Entroido (en diante, Termos e Condicións), establécense a continuación:
Toda persoa que participe no concurso acepta todas e cada unha das disposicións descritas nestes Termos e Condicións. Éstas son aplicables, compleméntanse e enténdense que forman parte destas condicións particulares para todos os efectos legais (en diante as condicións xerais e en conxunto coas condicións particulares serán referidas como as Bases e/ou Termos e Condicións).
PRIMEIRA. Duración do Sorteo Entroido
O período establecido para o presente Sorteo Entroido comezará a partir das 10:00 am do venres 09 de febreiro ata as 19:00 pm do mércores 14 de febreiro de 2018. As Persoas Participantes terán a oportunidade de concursar por un bono gratuito de 4 clases no noso centro que se detalla máis adiante.
SEGUNDA. – Lugar do Sorteo Promocional
O Sorteo Entroido realizarase na rede social Facebook. Por tanto, para participar no Sorteo Entroido será necesario entrar e estar rexistrados como usuarios de Facebook.
TERCEIRA. -Mecánica do Sorteo Promocional
Para participar no Sorteo Entroido será necesario que as persoas participantes sigan e cumpran a mecánica que se establece a continuación:
1.- Facerse unha foto disfrazad@s cun cabalo propio ou achegarse ao centro hípico Prado Ventura e facerse unha foto con algún dos nosos cabalos.
2.- Dispoñer dun perfil real en Facebook.
3.- Facerse fan da páxina de Facebook: Hípica Prado Ventura que podes atopar, pinchando aquí.
4.- Subir a foto nos comentarios da publicación do evento do Sorteo Entroido que se fará no perfil de Facebook Prado Ventura, que podes atopar, pinchando aquí.
5.- As persoas usuarias poderán participar 1 única vez. No caso de que unha mesma persoa usuaria comentase dous ou máis veces no mesmo Sorteo de Entroido, contará como unha única participación.
6.- Poderán participar na promoción tódalas persoas de 6 anos en diante, sen límite máximo de idade, sexan ou non clientes do clube.
7.- Só participan deste Sorteo de Entroido, persoas usuarias con contas privadas, alleos á organización de Hípica Prado Ventura. As contas corporativas quedan exentas de participación neste Sorteo Entroido.
CUARTA. – Selección da persoa Gañadora
1. O Sorteo Entroido realizarase de entre as 10 participacións máis votadas. En caso de empate, un xurado escollerá á persoa gañadora, en base á súa orixinalidade e axuste á temática. O xurado estará formado por persoas membras da directiva do clube hípico Prado Ventura.
2. Adicionalmente, seleccionaranse TRES (3) concursantes con carácter de reserva.
3. No suposto que o número de participantes do presente Sorteo Entroido fose inferior ao número de premios do Sorteo Entroido, o premio considerarase deserto para tódolos efectos.
4. No caso de que non fose posible contactar nin coa persoa gañadora nin coas persoas gañadoras de reserva correspondentes, o Premio considerarase deserto para tódolos efectos.
QUINTA. – Descrición do Premio
1. O Premio obxecto deste Sorteo Entroido consiste nun bono gratuito de 4 clases no noso centro, para a persoa participante gañadora, que deberá gastalo no plazo máximo dun mes natural dende a data na que comeza o bono.
2. O Sorteo Entroido está limitado a un único premio para unha única persoa participante gañadora e domicilio. O premios non poderá ser cedido a terceiras persoas.
3. Así mesmo, a persoa gañadora será contactada mediante comentario ao comentario da persoa gañadora na publicación de Facebook en relación ao Sorteo Entroido.
4. Se a persoa gañadora non contactase no prazo de CINCO (5) días naturais, entenderase para tódolos efectos que ésta renuncia ao Premio, e designarase o premio á seguinte persoa participante gañadora en reserva.
5. No caso de que a persoa gañadora non cumprise os requisitos ou rexeitase o Premio pasarase á seguinte, que será aquela que figure por números de votos a continuación. E así sucesivamente ata obter gañadora.
6. O 14 de febreiro de 2018 ás 19:00 pm a persoa gañadora será contactada en Facebook mediante comentario ao comentario có que participou.
SEXTA. Requisitos, vixencia, límites e restricións do Sorteo Promocional
1. As Persoas Participantes unicamente poderán ser persoas físicas, de 6 anos en diante.
2. Na fotografía que concurse, as persoas participantes poderán empregar os seus propios cabalos ou acudir a fotografiarse con algún da propiedade de Prado Ventura, no seu horario comercial.
3. Os presentes Termos e Condicións poderán ser modificados, cancelados e suspendidos en calquera momento pola Organización. Éstes serán difundidos a través dos mesmos medios a través dos que orixinalmente se difundiron, incluíndo, se resultase necesario, aclaracións ou modificacións que non alteren o espírito do Sorteo Entroido. Calquera situación relacionada coa interpretación dos presentes termos e condicións será dirimida pola Organización.
4. A Organización resérvase o dereito, sen responsabilidade algunha, de invalidar ou rexeitar ás Persoas Participantes que, ao seu só criterio e discreción, non cumpran cos requisitos establecidos nos presentes termos e condicións e/ou violen dereitos de terceiros e/ou non se apeguen á lexislación aplicable. Así mesmo, a Organización resérvase o dereito de eliminar xustificadamente a participación de calquera Persoa Participante que defraude, altere e/ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario deste Sorteo Entroido. Calquera utilización abusiva ou fraudulenta destes termos e condicións dará lugar á anulación da participación da Persoa Participante no Sorteo Entroido.
5. PRADO VENTURA non será responsable de calquera fallo ou contratempo que teña a Persoa Participante ao momento de recibir o premio. De Igual forma, PRADO VENTURA non será responsable de cubrir ningún dos gastos nos que incorra a Persoa Participante para facer efectivo o seu premio nin para o goce do mesmo.
6. Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún éste Sorteo Entroido, nin está asociado a el. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación da persoa concursante e/ou para comunicarlle o premio.
7. A persoa Gañadora, ao momento de recibir o seu premio, manifesta a súa conformidade e exime de toda responsabilidade á Organización. Unha vez que a Persoa Participante reciba o seu premio de conformidade, a Organización non responderá por calquera dano, perda ou menoscabo que sufra a mesma por razóns que non lle sexan imputables á Organización.
Baixo ningunha circunstancia poderase obrigar á Organización a entregar máis premios que os ofrecidos nos presentes Termos e Condicións.
8. O premio establecido nos presentes Termos e Condicións é intransferible e non é canxeables por diñeiro en efectivo.
9. Non poderán participar neste Sorteo Entroido aquelas persoas que sexan: (i) empregadas da Organización, embaixadores e/ou influencers (ii) contas fraudulentas ou de orixe dubidosa.
Sen perxuicio do anterior, expresamente libérase a responsabilidade da Organización por:
a) Gastos incorridos para participar no Sorteo Entroido, para facer efectivo o premio ou para desfrutalo;
b) Intervencións humanas non autorizadas por parte de terceiros aos sistemas de cómputo ou similares que alteren o desenvolvemento do Sorteo Entroido;
c) Danos sufridos á integridade ou bens das Persoas Participantes ou de terceiros que se ocasionen en virtude deste Sorteo Entroido ou durante o desfrute do premio.
O feito de participar no Sorteo Entroido implicará o consentimento das Persoas Participantes a que o seu nome, voz e imaxe sexan utilizados en redes sociais, fotografías, publicacións e demais medios publicitarios, e en xeral en todo material de divulgación con fins promocionais que a Organización desexe facer con relación ao Sorteo Entroido, xa sexa durante o prazo promocional ou unha vez vencido o mesmo. Esta autorización non implicará deber algún de remunerar ou compensar á Persoa Participante.
Ademais, as Persoas Participantes ao participar no Sorteo Entroido autorizan á Organización para que a súa imaxe sexa transmitida en vídeos, fotografías e entrevistas persoais sobre o premio; así como no post do Sorteo Entroido da páxina web de PRADO VENTURA, e en calquera outro medio de comunicación que a Organización escolla para dar a coñecer ao público sobre as vivencias da persoa gañadora e acompañantes, se for o caso. Esta autorización non implicará deber algún de remunerar ou compensar ás Persoas Participantes.
SÉTIMA. – Protección de Datos
En cumprimento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, PRADO VENTURA informa que os datos que facilite para participar neste Sorteo Entroido, serán incluídos en ficheiros titularidade de PRADO VENTURA coa finalidade de realizar as xestións relativas ao Sorteo Entroido.
PRADO VENTURA, garante a adopción das medidas necesarias para asegurar o tratamento confidencial dos devanditos datos e infórmalle da posibilidade de exercitar conforme á L.O. 15/1999, os dereitos correspondentes.
OITAVA. – Lei e xurisdición aplicable
A Lei aplicable ao presente Sorteo Entroido será a que estableza a CCAA de Galicia.
Para a resolución de calquera controversia ou discrepancia que puidese xurdir en canto á interpretación ou aplicación dos Termos e Condicións, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Ferrol.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *